Thursday 02 de May de 2024

O alcalde de Boqueixón realizou unha visita á cativada participante nos campamentos da Acción De Verán’18


O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, realizou unha visita aos rapaces e rapazas do concello participantes nos campamentos da Acción De Verán’18. As actividades desenvolvéronse durante toda a pasada semana e contaron coa asistencia de máis dun cento de nenos e nenas de entre 9 e 16 anos dos municipios boqueixanés e vedrés.

Durante a súa visita ás instalacións de O Terrón, en Vilanova de Arousa, o rexedor boqueixanés tivo a oportunidade de coñecer a opinión dos nenos e nenas que gozaron dunha semana de lecer activo. Foron sete días nos que a cativada boqueixanesa realizaron todo tipo de actividades, entre as que non faltaron as relacionadas cos deportes acuáticos.